| Benvido ao O Foro do Racinguismo. Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro. Únete! Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!! |
| Seleccion Galega de Futbol; Post Oficial | |
|---|---|
| Tweet Topic Started: Oct 25 2006, 03:18 PM (16,171 Views) | |
| ovella negra | Oct 5 2008, 09:46 AM Post #641 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Por certo hoxe as 17 horas é a final entre Catalunya e Galiza |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 5 2008, 11:40 AM Post #642 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
As galegas venceron pola mínima a Colombia (5-4), mais tiveron que chegar aos penaltis nun encontro que estivo moi igualado, non en van eran dúas das mellores seleccións do Mundial, cousa ben que demostrada nos partidos xogados para chegar á penúltima fase. Galiza xa ía dominando no descanso por 3-1, pero as colombianas non se rendían, e nas súas arelas de pasar á final, conseguiron empatar a 3 e forzar a prórroga. Chegados os penaltis, as irmandiñas anotaron dous, por un de Colombia (5-4). No último gol as galegas comezaron a dar chimpos de alegría: estaban na final. Polo seu lado, as catalás pasaron á final derrotando a Rusia (a única selección que puido coas galegas) por 3-2. Poderemos ver o partido en directo O partido será esta o primeiro que retransmita a Galega (pola TDT) desta competición oficial, no que a nosa selección deu moito que falar. Seareiros, atentos: o encontro, en directo, ás 17:00 horas. Tamén se poderá ver a través da TV3 (no seu canal 33). http://www.vieiros.com/nova/69406/galiza-e...-de-futbol-sala |
| |
![]() |
|
| takeo | Oct 5 2008, 07:11 PM Post #643 |
|
Mito Racinguista
|
Pois esta tarde perderon na final contra Catalunya por 4-0, asi que subcampionas de mundo, NORABOA!!
|
Ahora y hasta siempre Racinguista hasta la muerte!!!![]() ![]() ![]() ![]()
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 07:56 AM Post #644 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Media ducia de membros do colectivo Siareir@s Galeg@s desprazáronse na noitiña da segunda feira ao aeroporto coruñés de Alvedro para recibir á selección galega feminina de fútbol sala, que ficou subcampioa no Mundial de Reus. As irmandiñas chegaban de facer historia, e, segundo contan dende Siareir@s, agradeceron, xunto co seleccionador Eduardo Lago Tito, e o corpo técnico, e "recibimento dado por familiares e amigos", ademais de varios membros deste colectivo, que portaban unha faixa coa lenda "Somos unha nación. Queremos a oficialidade". A capitá da selección galega, Sonia Pacios, e Tito, o adestrador, atenderon o colectivo, como se pode apreciar no vídeo (dispoñibilizado a carón desta información ) que fixeron do recibimento. http://www.vieiros.com/nova/69474/siareir-...chegada-de-reus [dohtml]<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/5CTwRdlwlMs&hl=en&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/5CTwRdlwlMs&hl=en&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>[/dohtml] |
| |
![]() |
|
| RIBEIRA SACRA | Oct 8 2008, 08:05 AM Post #645 |
Adestrador
|
enhorabuena por lo logrado y es un orgullo ver a estas chicas jugar. pd: es una pena que todo esto se haga solo por politica. |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 08:11 AM Post #646 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
politica tamen é que non as deixen xogar |
| |
![]() |
|
| Wosho | Oct 8 2008, 08:53 AM Post #647 |
|
Presidente
|
+1 Wu, este natal onde xoga a masculina?¿ Informame sobre o que hai este nadal
|
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 08:57 AM Post #648 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
xogar claro que xoga, mais non hai data ainda que se saiba, nen localidade...dos posibles rivais pois soaba Chile (la primera roja, rechaze imitaciones) Eu optaba por Compostela, pois unha sede fixa da máis seriedade que ir por ahi coma un circo ambulante ou falabas da de futsal? |
| |
![]() |
|
| Wosho | Oct 8 2008, 10:00 AM Post #649 |
|
Presidente
|
Dame tanto ir ver unha coma ir ver as dúas. Ti informame, que se algunha toca por Pontevedra vou seguro, e se e en Ferrol tamén. |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 10:08 AM Post #650 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
e se é compos tamen jajaja. |
| |
![]() |
|
| Wosho | Oct 8 2008, 10:16 AM Post #651 |
|
Presidente
|
Iso xa non o vexo tan claro .. :lol: ... a ver que día cadra e tal ![]() Pero mantennos informados :rolleyes: |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 11:54 AM Post #652 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
vas en bus e pista |
| |
![]() |
|
| Wosho | Oct 8 2008, 12:33 PM Post #653 |
|
Presidente
|
Si.. claro que si.. a cuestión é como ande económicamente nese momento.. e se teño algún outro plan á vista ... etc. PD: menudo quote máis grande :lol: |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 8 2008, 02:03 PM Post #654 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
entre bus e entrada non creo gastes mais de 16 euros. o mais caro sempre é a previa e o terceiro tempo. pero nada, botella de licorka nun bombo e pra dentro :lol: xuro e perxuro que con licorka animase mais que con calquer outra bebida :lol: :lol: |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 9 2008, 05:35 PM Post #655 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
As irmandiñas volveron do primeiro Mundial da historia do fútbol sala feminino cunha medalla de prata pendurada do pescozo, tras quedar subcampioas e demostrar a calidade do seu traballo en equipo. As galegas chegaron á final tras perder, pola mínima contra Rusia, e gañarlle a Ucraína, a Arxentina e a Colombia. No último partido, o que outorgaba a copa, as galegas foron moi superiores ás suas rivais, as catalás, mais ao final o Mundial foi para as anfitrioas. Porén, as galegas foron a revelación nun campionato no que, ao comezo, só se falaba das arxentinas ou das australianas. Terminado o histórico Mundial, Galiza quedaba para a historia como un dos mellores conxuntos do mundo no fútbol sala feminino. Esta cuarta feira, en Compostela, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, recibiron as irmandiñas, dándolles a noraboa pola marca que fixeron na historia dos deportes femininos en Galiza, ademais de na historia do futsal. "Este subcampionato ten un valor moi importante" Durante a homenaxe, Ánxela Bugallo felicitou ás xogadoras galegas polo seu éxito e lembrou que "antes de que comezara o campionato, conformabámosnos con que Galiza estivese neste Mundial, por iso este subcampionato ten un valor moi importante, xa que representa moito para o deporte feminino do noso país". A conselleira tamén se dirixiu ás mozas dicindo estar "orgullosa" polo "esforzo feito" e o "moitísimo talento deportivo" que as irmandiñas deixaron patente en Reus. Tamén lles preguntou ás xogadoras da selección se eran xa conscientes "do que acabades de facer". Para Bugallo, este novo éxito "demostra que o deporte feminino galego merece as mellores oportunidades" porque sempre responde ás expectativas. Pouca repercusión nos medios de comunicación Na súa quenda de palabra, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, cualificou de "histórica" para o deporte galego a medalla de prata das irmandiñas, mais tamén quixo lembrar que "unha vez máis" notouse o principal problema que ten o deporte feminino: o pouco apoio que atopa nos medios que comunicación xa que, segundo dixo, a repercusión deste Mundial na prensa, na TV na radio e nos medios electrónicos "foi moito menor do que debería ser". Da pouca repercusión que ten o deporte feminino nos medios, da calidade deste combinado, dos detalles dos encontros xogados no Mundial e da importancia desta subcampionato para Galiza falamos co seleccionador nacional, o viveirense Eduardo Lago, Tito, e con Claudia Rodríguez, unha das irmandiñas e xogadora do acabado de crear Burela FS feminino. Vexan o vídeo a carón desta información http://www.vieiros.com/nova/69524/homenaxe...rata-do-mundial hai video! com musiquinha xabarim
|
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 10 2008, 05:28 PM Post #656 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
A Irmandiña' contra 'La Roja'? Un hipotético Galiza-Chile está no aire. As negociacións aínda non están pechadas, aseguran dende a Xunta; porén, a prensa chilena dáo por feito. Primeiro adiantouno o presidente da Federación de Fútbol de Chile, Harold Mayne-Nicholls, noticia da que informou a Radio Galega. Agora confírmao o máximo dirixente do Sindicato de Futbolistas Profesionais (Sifup), Carlos Soto, en declaracións á Radio Cooperativa chilena. Soto sinalou que a selección nacional masculina de Chile, coñecida popularmente como La Roja (A Vermella), podería xogar un segundo partido amigábel fronte a un equipo árabe, mais asegurou que o 27 de Nadal estarán en Galiza para xogar contra A Irmandiña. "O concreto é Galiza o 27 de decembro, mais xurdiu unha alternativa que se está a avaliar, mais aínda non podemos adiantar máis, porque é só especulación", indicou o presidente do Sifup. Dende a Xunta aseguran pola contra que o acordo está lonxe de se pechar, xa que unha das principais condicións para contar coa selección de Chile, que participen no partido contra a Irmandiña un número determinado de xogadores de primeira liña, non foi ben recibida entre os responsábeis chilenos. No entanto, sobre a dificultade de armar un equipo entre Nadal e Aninovo, Carlos Soto expresou a súa confianza en contar coa colaboración tanto dos xogadores como do técnico, Marcelo Bielsa. "Non podemos dicir que afecta as vacacións, porque son tres días, o que si é que é unha data difícil, que recibimos con gusto, porque é un partido benéfico, sabemos que as datas FIFA son máis complicadas, mais hai que aceptalo. Bielsa estará presente, xa que o partido o organizou Harold Mayne-Nicholl e xogará a selección adulta de Chile", afirmou. Forzar as negociacións En calquera caso, este tipo de declaracións deben ser tomadas coa cautela debida. É frecuente nestes casos que os encargados de contratar partidos amigábeis para as súas respectivas seleccións nacionais de fútbol, así como os representantes dos xogadores, filtren noticias nos medios locais co fin de fortalecer as súas posicións de cara as negociacións económicas. |
| |
![]() |
|
| milimetros | Oct 13 2008, 04:07 PM Post #657 |
|
Mito Racinguista
|
???? |
![]() |
|
| El Algas | Oct 13 2008, 04:35 PM Post #658 |
![]()
Mito Racinguista
|
¿Deus juega con la selecciòn gallega? |
Opa Racis!!
| |
![]() |
|
| ovella negra | Oct 13 2008, 04:49 PM Post #659 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
o ano pasado creo non foi convocado |
| |
![]() |
|
| El Algas | Oct 13 2008, 05:28 PM Post #660 |
![]()
Mito Racinguista
|
Esque yo recuerdo este verano nosequièn decirme que era el màximo goleador e partidos con la selecciòn gallega y el ùltimo partido recuerdo que jugò Pereira y no me pareciò verle...Viqueira,ese sì que era bueno...pero muy vago y pesetero. |
Opa Racis!!
| |
![]() |
|
| 1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous) | |
| Go to Next Page | |
| « Previous Topic · Deporte Galego e Local · Next Topic » |













9:45 AM Jul 11