Welcome Guest [Log In] [Register]
Benvido ao O Foro do Racinguismo.

Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro.

Únete!

Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!!

Username:   Password:
Seleccion Galega de Futbol; Post Oficial
Topic Started: Oct 25 2006, 03:18 PM (16,168 Views)
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Alexferrol
Nov 15 2008, 02:01 PM
que poca autocritica carallo :ph43r:
comparar e importancia estatal de valverde del fresno(se e que existe) coa galega de ferrol..manda carallo.
En fin...moi ben pois, premiemos a quen menos fixo pola seleccion e despreciemos aos pequenos.
Puta nai...

e ti que sabes o que fixo ferrol pola seleccion??
cantos buses sairon de aqui pra vigo? ou pra compos?
que non home que non que o problema é o aforo.
pero recorda o que comentabamos no carro entrando a coruña hai dous anos, cambiache de bando?
eres do sarpullidos clan?
:lol: :lol:
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
racing1966
No Avatar
Director Xeral
Penso que hai acontecementos que moitas veces,pola sua repercusion,non chegan os aforos. 12000 espectadores non esta mal,e non creo que moitos quedaran fora.Sabado e,si,pero e nas festas de nadal,e moita xente trasladase de lugares,e esta a outras cousas que non son futbol.
Para Alexferrol:Valverde existe (Coma Teruel). E un dos tres pobos do noroeste da provincia de Caceres,que falan un dialecto parecido ao galego,que eles mismos chaman "a fala".Os outros dous son Eljas e San Martin de Trevejo.
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
racing1966
Nov 15 2008, 06:05 PM
Penso que hai acontecementos que moitas veces,pola sua repercusion,non chegan os aforos. 12000 espectadores non esta mal,e non creo que moitos quedaran fora.Sabado e,si,pero e nas festas de nadal,e moita xente trasladase de lugares,e esta a outras cousas que non son futbol.
Para Alexferrol:Valverde existe (Coma Teruel). E un dos tres pobos do noroeste da provincia de Caceres,que falan un dialecto parecido ao galego,que eles mismos chaman "a fala".Os outros dous son Eljas e San Martin de Trevejo.

nos ultimos partidos (vigo e coruña) houbo máis de 20000 sendo laborable...asi que a cousa está bastante clara, verdadeiramente creo que a unica razon foi esa e non por cuestions localistas nen moito menos.
De feito Ferrol levouse o ano pasado o partido de futsal e outras cidades como ourense ou pontevedra ainda non rascaron nada ou case nada
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
“Oxalá algún día poidamos ver a Galiza competindo nun mundial”

Unha vez decidido os rivais e escenarios do cuarto partido da selección masculina de fútbol, Vieiros quixo aproveitar para analizar as perspectivas coas que se achegan a este partido algúns dos seus protagonistas. Comezamos polo capitán do equipo, Xosé Emilio Viqueira, que aos 34 anos está a vivir a súa segunda xuventude nas filas do Xerez. O nacemento deste excelente medio creativo repárteno o Fátima compostelán e o Deportivo. Mais foi en Andalucía onde atopou a estabilidade que un futbolista necesita para ceibar certos impulsos de especial importancia nun xogador que vive da imaxinación posta ao servizo dun sutil pé dereito. Despois dun paso fugaz polo Levante volveu ao Xerez, onde os afeccionados usan o pseudónimo de "o meigo" para referirse ao capitán da selección galega.

Vieiros: Aínda non se coñece a lista de convocados para o vindeiro partido da selección. Se del dependera, estará Xosé Emilio Viqueira no partido da Coruña?

Viqueira: Claro. Seguirei indo á selección galega sempre que me chamen e eu estea en condicións de xogar.

Logo se han cumprir tres anos do 29 de Decembro do 2005 no que a selección masculina xogou o primeiro partido da súa era moderna. Que recordos gardas daquel día?

Era o primeiro partido da selección e foi un motivo de orgullo moi grande participar nel, xa que representar a Galiza é un honor para calquera xogador. No meu caso aínda máis, porque o partido celebrábase en Compostela que é a miña casa.

Dende o segundo partido fuches elixido capitán do equipo, non sei que significado tivo isto para ti?

Foi outra grande ledicia, xa que ser o capitán da selección galega é sempre un motivo de orgullo pero tamén unha grande responsabilidade.

Dos tres partidos disputados até o momento cal é o máis especial?

Os tres foron fermosos, pero eu creo que o máis especial foi o de Compostela, porque era o primeiro partido dunha selección pola que se levaba moito tempo agardando.

O rival deste ano será o equipo chileno, adestrado polo prestixioso Marcelo Bielsa. Que agardas de eles?

Chile é un grande equipo. Cada vez temos rivais máis difíciles, pero isto é bo para nós porque melloramos a nosa competitividade e tamén para a afección que se divirte máis. Este último é o aspecto máis importante nos partidos da selección galega.

Como outros moitos xogadores, tiveches que fuxir de Galiza para ver como arrincaba a túa carreira profesional. Con que equipos desenvolviches durante estes anos unha maior empatía?

Teño grandes recordos de toda a miña traxectoria deportiva. Lémbrome con cariño dos meus comezos no Fátima de Santiago ou do paso polo Deportivo, onde me fixeron como xogador e tamén como persoa. Aínda así, o meu mellor fútbol deino en Huelva e Xerez, e como consecuencia foi alí onde fun máis apreciado.

Xogar un mundial é o soño de todo futbolista profesional. Cando ti soñabas, ou soñas, con esa imaxe que camiseta defendes?

Para un futbolista xogar unha competición como o mundial é o máximo. A día de hoxe é algo ficticio, pero cando penso nesa idea encantaríame ir tanto coa selección galega como coa española.

Galiza conta hoxe con varios xogadores participando nas mellores ligas do estado, e tamén no estranxeiro. Como valoras o nivel do equipo en comparación con outras seleccións do panorama internacional?

Eu penso que hai futbolistas de moito nivel, bos adestradores e, en conxunto, un gran equipo. Aínda así temos que ser realistas e agora mesmo aínda estamos a moita distancia dos equipos que dominan en Europa. Oxalá algún día podamos ver a Galiza xogando unha competición como o mundial, pero penso que agora o importante é xogar, desfrutar do que temos e facer que a xente desfrute.


http://www.vieiros.com/nova/70301/ldquo-ox...n-mundial-rdquo
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Este mércores presentouse na Dirección Xeral para o Deporte a selección galega de fútbol praia, que debutará fronte a Portugal o vindeiro día 21. O partido comezará ás 13.00 horas no multiusos do Sar, onde ese mesmo día se xogará a final do campionato galego. O equipo estará adestrado por Manuel Jiménez e, segundo as súas propias palabras, contará con "tres ou catro xogadores dos mellores do mundo".

Un destes xogadores é Ramiro Amarelle, que acudiu ao acto en representación dos seus compañeiros. O bergantiñán lembrou o tempo que se leva loitando pola creación da selección de fútbol praia, e non escondeu a súa ilusión con respecto ao partido do día 21.

O estreo da selección coincidirá coa disputa do campionato galego de fútbol praia en pista cuberta. Este torneo xogarase entre os días 19 e 21 de decembro, participando nel un máximo de 48 clubs que serían divididos en 16 grupos de tres equipos cada un.


http://www.vieiros.com/nova/70761/xa-temos...de-futbol-praia
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Nacho Novo estará presente:
----------------------------------------------------

Será no cuarto partido cando a Irmandiña poida contar por primeira vez co mellor goleador que o país deu nos últimos anos: o ferrolán Nacho Novo. Novo comezou no equipo da súa cidade, o Racing de Ferrol, pero despois dun breve paso polo Huesca marchou a Escocia onde seguiría marcando goles a moreas, como fixo toda a súa vida. Despois de pasar por dous equipos modestos fichou por un dos grandes, o Glasgow Rangers, e hoxe, aos seus 29 anos vive a quinta tempada nun equipo onde é moi respectado por afección e compañeiros. Este ano Nacho obtivo o permiso do seu adestrador, Walter Smith, para coller un avión despois do partido que o seu equipo xogará no medio día do 27. Vai ser unha xornada de emocións fortes para Novo, un dos xogadores máis queridos pola bancada do Ibrox Park, que tentará gañar agora o cariño da afección Irmandiña.

Vieiros: Poderemos ver por fin a Nacho Novo coa selección galega?
Nacho: Si, se todo vai ben este ano vou estar no partido. Sempre tiven ganas de ir, ver a xente que se xunta alí e desfrutar. O adestrador do Rangers díxome que podería ir despois do partido contra o Celtic e estou moi contento.

Entón vai ser un día moi especial, porque xogarás na mesmo día o derbi de Glasgow e tamén o teu primeiro partido coa selección galega, non si?
Si, así é. O do Celtic é un partido moi importante para nós, polo que primeiro teño que pensar niso. Agora estou ben fisicamente, e podo aguantar os dous partidos. Despois quero estar aí cos meus e desfrutar, porque penso que vai ser un día moi bonito.

Que agardas atopar na Coruña?
Creo que a xente vai ir ao campo. Polo que sei sempre houbo moi bo ambiente. Á xente gústalle o fútbol e penso que vai ser un partido fermoso.

Como ves á selección galega?
En Galiza hai moi bos xogadores e seguro que imos ter un bo equipo. Aínda que moitos de nós tiveramos que marchar fóra buscar a nosa oportunidade, actualmente hai grandes futbolistas.

Precisamente hai pouco falábamos diso con Roberto, o porteiro de Osasuna. A que pensas ti que se debe esta situación?
Hoxe en día no fútbol sempre se apreza máis á xente de fóra. Por desgraza a maioría das veces comezan a sacar futbolistas da canteira cando o equipo non está ben. Eu teño claro que se facemos as cousas ben, en Galiza pode saír moi boa xente. Penso que até agora non saíron tantos como deberían, xa que hai xogadores en divisións menores que, baixo o meu punto de vista, teñen condicións para estar en primeira.

E que expectativas tes con respecto ao rival, Chile?
Eu teño a idea de que os equipos sudamericanos sempre son difíciles. Iso é o que se quere, que haxa competición e se vexa bo fútbol. Chile será un contrario forte e duro, pero oxalá gañemos o partido.

No que se refire ao Rangers, actualmente estades segundos na clasificación, a catro puntos do Celtic. Como ves o equipo?
Ben, estamos só a catro puntos e aínda temos que xogar contra eles, así que as cousas están ben.

Que metas te marcas para a presente tempada?
O meu primeiro obxectivo é xogar. O ano pasado rematei marcando 18 goles, este ano levo sete en todas as competicións e estou empuxando para gañar o posto.

Ves como real a posibilidade de rematar algún día xogando en Galiza?
Si, sempre dixen que querería volver. Estando fóra botas de menos a terra, xa que os meus amigos e a miña familia están alí, pero no fútbol non se sabe o que vai pasar mañá.

Un resultado par ao partido contra Chile?
Tres a cero gañando Galiza.

Con algún gol de Nacho Novo?
Iso non o sei, con que gañemos quedaría contento.

http://www.vieiros.com/nova/70805/ldquo-se...r-coa-seleccion
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Convocatoria Galega Masculina


Diego López (Villareal)
Roberto Fernández (Osasuna)
Iago Bouzón (Recreativo de Huelva)
Roberto Lago (Celta)
Adrián López "Piscu" (Deportivo)
Francisco Noguerol (Celta)
Michel Salgado (R. Madrid)
Borja Fernández (Valladolid)
Jonathan Aspas (Piacenza)
Luis Castro, "Sito" (Salamanca)
Ricardo Cabanas (Grasshoppers)
Pablo Álvarez (Deportivo)
Julio Álvarez (Almería)
Fernando Macedo, "Nano" (Racing de Ferrol)
Roberto Trashorras (Celta)
Iago Falqué (Juventus)
Emilio Viqueira (Recreativo de Huelva)
Borja Oubiña (Celta)
Roberto "Chino" Losada (Lugo)
Diego Castro (Sporting de Xixón)
Jonathan Pereira (Racing de Santander)
Nacho Novo (Glasgow Rangers)
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Convocatoria galega feminina

Ana Rosa Durán (Olivo)
Cristina Lago (Olivo)
Carla González (Pontevedra)
Verónica Boquete (Espanyol)
Mónica Naval (Atlético Arousana)
Carolina Baños (Atlético Arousana)
Mirian Ríos (Orzán)
Sara González (L´Startitt)
Mirian Domínguez (L´Startitt)
Mari Paz Vilas (Barcelona)
Vanesa Hermida (Espanyol)
Joana Montouto (Espanyol)
María Teresa Soage (Pontevedra)
Victoria Vázquez (Olivo)
Rita Lema Traba (Galicia Gaiteira)
Anair Lomba Álvarez (Olivo)
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Wosho
Member Avatar
Presidente
Michel Salgado (Celta) ? Errata ou hai dous?
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Wosho
Dec 16 2008, 03:20 PM
Michel Salgado (Celta) ? Errata ou hai dous?

q puto xa me din conta e correxino. foi por copiar e pegar sen fixarme.
de todos modos algun caera da lista pois diego castro está lesionado me parece
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Alex non faltes este ano que senon o chino botarate en falta na grada :lol: :lol: :lol:
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Wosho
Member Avatar
Presidente
ovella negra
Dec 16 2008, 03:21 PM
Wosho
Dec 16 2008, 03:20 PM
Michel Salgado (Celta) ? Errata ou hai dous?

q puto xa me din conta e correxino. foi por copiar e pegar sen fixarme.
de todos modos algun caera da lista pois diego castro está lesionado me parece

Xa facía que non me chamabas puto :lol:
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Agora comentarios, a voltas con michel salgado (jaja)
como carallo non vai dani carril?

a voltas con borja oubiña (jaja)

e como carallo non vai alex bergantiños??

se non vai diego castro esperemos chamen a Avalo
e se hai mais baixas tamen gostaria de ver a iago iglesias
pablo alvarez tamen pode ir a rascala e o chino tamen
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
RUBI
No Avatar
Presidente
Y Ruben del Celta? :lol:

Pues hay buen equipo.
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2008...97877557374.htm
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Rafinha
Member Avatar
Mito Racinguista
Juanito selección!Se lo merece
Posted Image
Yo no te abandoné en 3ª... Y nunca te abandonaré. OPA RACING, OPA FERROL!!!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Alexferrol
Unregistered

Por favor...MORTE AO CHINO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Que troquen a Juanito polo Chino do carallo
Quote Post Goto Top
 
Oli
Member Avatar
110% Ferrolano
El Sindicato de Futbolistas chileno dice que no vendrá a jugar a Galicia

El organismo aduce que los clubes no permiten a los futbolistas acudir a A Coruña.-

El Sindicato de Futbolistas de Chile (Sifup) ha informado en un comunicado la suspensión del partido amistoso que debían jugar la selección chilena contra Galicia, pactado para el próximo 27 de diciembre en A Coruña.

La cancelación del partido, que iba en beneficio de las arcas de la institución gremial y que se había informado iba a tener al técnico argentino Marcelo Bielsa en el banquillo chilena, fue calificada de «lamentable». La principal razón para la suspensión fue «la no autorización de los futbolistas convocados, por parte de sus clubes para participar en dicho encuentro que debía efectuarse en dependencias de Riazor», dice el comunicado.

El rival de Galicia para el partido del próximo día 27 iba a ser una selección de jugadores chilenos, pero no la formación oficial que representa a la Federación de Chile. Los beneficios de este encuentro irán destinados al sindicato de jugadores, que según la Asociación Nacional de Fútbol chilena, son los responsables de la convocatoria y organización de este partido.

No se sabe qué jugadores iban a representar a Chile en Riazor pero todo indica que en su mayoría no serán los futbolistas que habitualmente convoca Marcelo Bielsa. «Se han dado los pasos pero no tenemos la confirmación de todo. Nuestra intención es que se pueda jugar este partido en Galicia, pero la lista debe ofrecerla oficialmente la federación, como recoge el contrato que firmó Harold Mayne-Nicholls (presidente de la Federación Chilena)», asegura Carlos Soto, presidente del Sindicato de Futbolistas de Chile.
Posted ImagePosted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
de vergüenza lo de estos, que como dice mi amigo argentino: los terminen de arrinconar y los echen ya al mar :lol:

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
ovella negra
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
como sempre, buscando sacar algo máis de pasta a ultima hora.
agora veremos como lles vai pois o contrato está firmado.
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous)
ZetaBoards - Free Forum Hosting
Create your own social network with a free forum.
Learn More · Register Now
Go to Next Page
« Previous Topic · Deporte Galego e Local · Next Topic »

OLIVEIRA DISEÑO © 2011.

tiempo en españa en Ferrol

Free counter and web stats