| Benvido ao O Foro do Racinguismo. Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro. Únete! Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!! |
| Seleccion Galega de Futbol; Post Oficial | |
|---|---|
| Tweet Topic Started: Oct 25 2006, 03:18 PM (16,161 Views) | |
| wu-ming | Nov 21 2009, 08:04 PM Post #821 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
eu vou ir tamen
|
|
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir» A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado) | |
![]() |
|
| wu-ming | Dec 15 2009, 04:23 PM Post #822 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
A Xunta bota balóns fóra, a Irmandiña pon rumbo a Santa Isabel Siareiros Galegos organiza, sen apoio institucional, un partido entre a selección e un combinado de estranxeiros. A cita, en Compostela, o 26 de decembro. Non haberá tanta xente nas bancadas, nin estrelas mediáticas enriba do céspede, pero as cores azuis e brancas da Irmandiña volverán saltar a un campo de fútbol. Mentres a Xunta mira para outro lado, o colectivo Siareir@s Galegos ultima un encontro entre a selección nacional de fútbol e un combinado de xogadores estranxeiros que xogan en Galiza. A cita está marcada: será o vindeiro sábado 26 no campo de fútbol de Santa Isabel. O equipo irmandiño estará composto por xogadores da Terceira División, aínda que tamén se agarda a presenza de deportistas que militan en clubes da Segunda B. Aínda que non está confirmada a súa presenza, os siareiros puxéronse en contacto co adestrador Fernando Vázquez para que dirixa outra vez o combinado. Mentres que dende a Xunta botan balóns fóra asegurando que é a Federación Galega de Fútbol a que ten que organizar o evento, fontes de esta entidade xa lle confirmaron a Vieiros que non está prevista a celebración de ningún partido. O motivo é que dende o Goberno non se destinou ningunha partida económica para o evento, o que imposibilita encontros como os celebrados a pasada lexislatura onde a Irmandiña se mediu con Uruguai, Ecuador, Camerún e Irán. O pasado mes de setembro, o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete pronunciaba unhas palabras máis que ambiguas. A pesar de aseguraba que as seleccións galegas ían seguir existindo afirmaba que “non imos facer política co deporte”. --------------------------------- seleccion galega popular as 19h |
|
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir» A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado) | |
![]() |
|
| milimetros | Dec 15 2009, 06:42 PM Post #823 |
|
Mito Racinguista
|
O partido é ás sete??? |
![]() |
|
| wu-ming | Dec 15 2009, 08:08 PM Post #824 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
|
|
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir» A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado) | |
![]() |
|
| milimetros | Dec 15 2009, 10:11 PM Post #825 |
|
Mito Racinguista
|
Buuuffff, entón hai que comezar a previa pola mañá ![]() No caso de ir :angry: |
![]() |
|
| wu-ming | Dec 27 2009, 01:19 PM Post #826 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Ao final non puiden/quixen ir pero segun prensa:
![]()
http://www.xornal.com/artigo/2009/12/27/un...0012801919.html
o delegado do goberno quixo contribuir co partido enviando centos de policias Maña máis dende as 12.00 no Obradoiro, stop galegofobia! |
|
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir» A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado) | |
![]() |
|
| CaNiDoiNTeRViu | Apr 4 2010, 11:10 PM Post #827 |
No Olimpo do Inferniño
|
A NOSA SELECCIÓN QUEDOU CAMPIONA DE ESPAÑA DAS REXIONS E XOGARÁ A FASE EUROPEA EN DECEMBRO COS COMBINADOS CAMPIÓNS DE MALTA,GRECIA E ALEMAÑA! DE SAÍR VICTORIOSOS ACCEDERÍAMOS Á FASE FINAL ONDE ESTARÍAN OS 8 MELLORES QUE LOITARÍAN POLO TÍTULO! UN PASO MAIS!!!! |
|
VOLVEREMOS | |
![]() |
|
| Joss | Apr 5 2010, 08:58 AM Post #828 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Parabens!!!! |
![]() |
|
| wu-ming | Apr 5 2010, 12:57 PM Post #829 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
A selección galega de fútbol afeccionado vén de facer historia tras acadar o título estatal de seleccións autonómicas no torneo celebrado no campo de Baltar, en Portonovo. Os galegos venceron 2-1 na final a Andalucía na prórroga. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate a un tanto. Galiza abriu o marcador ante o conxunto andaluz, que en semifinais arrolara por 5-2 a Canarias. O primeiro tanto galego conseguiuno César Otero aos 22 minutos de xogo, aínda que os andaluces empatarían por mediación de Hermoso no segundo tempo. O gol da vitoria para os galegos chegaría no tempo suplementario por mediación de Felipe, que así outorgáballe o primeiro título a Galiza nesta categoría, reservada a xogadores de Terceira División. Nas semifinais, o cadro galego deixara na cuneta ao das Illas Baleares. O remate do encontro chegarase con empate a un gol. Os galegos fixéronse coa vitoria nos lanzamentos dende o punto de penalti por 5-4. Rivais europeos A selección galega xogará o torneo das rexións da UEFA por vez primeira e competirá con outros equipos, representantes de entidades rexionais. Galiza medirase aos campións do torneos de Alemaña e Grecia, así coma a selección nacional de afeccionados de Malta. http://www.anosaterra.org/nova/galiza-camp...eccionado-.html |
|
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir» A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado) | |
![]() |
|
| 1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous) | |
| « Previous Topic · Deporte Galego e Local · Next Topic » |







9:41 AM Jul 11