| Benvido ao O Foro do Racinguismo. Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro. Únete! Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!! |
| Carvalho-Letras Galegas 2010. Post Oficial; basket Div 4.11 e Handball 4.7 Retame! | |
|---|---|
| Tweet Topic Started: Nov 4 2006, 04:59 PM (11,030 Views) | |
| ovella negra | Jul 7 2008, 07:50 AM Post #421 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Igual hai que mudar o nome da Equipa. ------------------------------------------------- Era o favorito, e finalmente confirmouse: Ramón Piñeiro López vai ser o escritor e intelectual homenaxeado o 17 de maio de 2009, no Día das Letras. Unha intensa actividade política Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) en 1915, e comezou a militar, sendo ben novo, nas Mocedades Galeguistas, onde había destacar de seguida. A seguir, pasou a facer parte do Partido Galeguista como secretario do comité provincial de Lugo (tiña 17 anos), cargo que se viu truncado pola Guerra Civil. Despois da contenda, Piñeiro dedicouse a reorganizar o partido na clandestinidade (como membro do Comité Executivo, sendo secretario político), polo que foi detido e encarcerado en 1946. Ao saír da cadea, tres anos despois, Ramón Piñeiro comezou a defender a loita cultural fronte á política, en pleno enfrontamento entre os galeguistas do exilio (partidarios dunha loita de guerrilla) e os galeguistas "do interior", os que vivían en pleno franquismo e que se preocuparon máis por introducir aos máis novos na cultura galega, deixando de lado maiores aspiracións, e preparándose para a transición cara a democracia. Nesta época (a chamada "transición") Piñeiro, que non deixara de defender o chamado "galeguismo difuso" (aquel que se baseaba en tinguir todos os partidos con pingas de galeguismo, no canto de facer un só partido de ideoloxía galeguista forte), formou parte do primeiro Parlamento Autonómico como deputado pola provincia da Coruña do PSdeG (foi de independente nas listas). A súa actividade literaria Na década dos 50, Piñeiro participou activamente na disolución do Partido Galeguista, e na creación da Editorial Galaxia, que comezou, en plena ditadura franquista, a publicar libros na nosa lingua, sobre asuntos relacionados coa sociedade e cultura galega. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela até 1966. Alí publicou en 1953, xunto con outros autores, A Saudade, ensaios. A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra. O seu labor normalizador Tamén desenvolveu un importante labor ensaístico (recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao), onde reflectiu o seu pensamento, salientando a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo. A RAG tamén destacou o seu labor como "promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra", que fica recollido en numeroso artigos, para escoller a súa figura para as Letras do ano que vén. Os recoñecementos En 1985 Piñeiro recibiu a Medalla Castelao. Tamén foi académico da RAG (ingresou en 1967 ) e primeiro presidente do Consello da Cultura Galega (elixido en 1983). Ademais, participou activamente na redacción da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia. Faleceu en 1990, e tres anos máis tarde creábase creaba o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que pasou a se chamar Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en 1997. (vieiros) |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 7 2008, 07:52 AM Post #422 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
ahora bloqueiros de mierda, os tenéis que joder. Sois una mierda. Viva España!" Con esta pregunta un 'pai de familia' acompañado da súa compañeira e de dous fillos, alteraba a noite compostelá do domingo 29 de xuño. Polo visto a selección española gañara a final da Eurocopa á selección alemá. Coma un lóstrego (nun arrebato de coraxe) abrín a fiestra e dixen alto e claro: "aquí!". Entón o amigo (acompañado da familia) contesta: "ahora bloqueiros de mierda, os tenéis que joder. Sois una mierda. Viva España!", sentenciou. Eu fechei a fiestra e continuei ao meu, que era pouco máis que continuar deitado na miña cama lendo un libro sobre a situación en Palestina. Pero comecei a darlle voltas e pensei en tentar explicar por que, baixo a miña opinión, esa selección nunca foi nin será a nosa. Todas/os que teñen un compromiso con este país teñen claro que a selección española é un instrumento máis para asimilar política e culturalmente o que Galiza significa. Pero vou tentar dar uns argumentos para eses/as que sempre saen coa mesma (mesmo dentro da xente que se di comprometida co país): isto non é política, non ten nada que ver. Primeiramente é preciso recordar que o Estatuto de Autonomía de Galiza vixente a día de hoxe (un marco no que Galiza non colle) inclúe diferentes competencias exclusivas da CAG (Comunidade Autónoma Galega), estas están recollidas no artigo 27. Entre elas recóllese a competencia exclusiva da promoción deportiva. Esta competencia debería garantir que Galiza (entre moitas outras cousas) tivese seleccións nacionais oficiais e coa posibilidade de competir internacionalmente. Pero o Estado Español (unha vez máis) emprega un "truco" para impedir a existencia real das nosas seleccións. O que fan é colocar na camisola d@s xogadores/as o escudo do Estado Español. Sendo así o único Estado do mundo que coloca o escudo na camisola (pois as seleccións normativamente representan federacións). Fan isto porque a Constitución Española recoñece como competencia exclusiva a representación internacional do Estado Español ao propio estado. Con esta "xogada" conseguen evitar "legalmente" que @s galeg@s poidamos contar coas nosas seleccións nacionais. Hai que destacar que se teñen dado situacións verdadeiramente vergoñentas para impedir a participación en competicións internacionais, por exemplo o acontecido coa selección catalá de hóckey, que foi expulsada do campionato do mundo por presións do Estado Español, a prohibición de partidos, etc. Se o Estado Español emprega trampas (por moito que entren na súa legalidade) para roubarnos o dereito a dispoñer de seleccións nacionais, nós non debemos caer nelas! Hoxe e sempre seleccións galegas oficiais e internacionais! |
| |
![]() |
|
| Alexferrol | Jul 7 2008, 10:01 AM Post #423 |
|
Unregistered
|
Vou ter que comenzar a moderar os post pois isto e un forum de xogos non de politica
|
|
|
| Wosho | Jul 7 2008, 11:07 AM Post #424 |
|
Presidente
|
Pero el cedeu este espazo despois de recibir críticas por tratalo no post da selección española
|
| |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 7 2008, 11:15 AM Post #425 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
igual habería que abrir un espazo onde "esplayarse" chamado "saloncito das conspiracions" |
| |
![]() |
|
| Alexferrol | Jul 7 2008, 12:53 PM Post #426 |
|
Unregistered
|
O que fagan os moderadores e cousa deles, eu teño postestade para fechar este post :ph43r: :ph43r: :ph43r: :ph43r: :ph43r: obviamente e conya |
|
|
| ovella negra | Jul 7 2008, 01:55 PM Post #427 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Pois agora que os RAG nos deron polo cu con carvalho calero 09, tal vez mude o nome a "clube das conspiracions" |
| |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 9 2008, 08:08 AM Post #428 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
A vitoria da selección española na Eurocopa de Fútbol deu a España varios días de balbordo que axudan a esquecer a delicada situación económica que pasa a maior parte do Estado e, sobre todo, axudou a que o nacionalismo saíra do armario sen complexos. Un nacionalismo distinto do que se expresa cando gañan Alonso, Nadal, Pedrosa ou o combinado español de baloncesto. Non sei que ten o fútbol que cando xoga La Roja moitos políticos e xornalistas din cousas que gardan no seu comportamento diario. A por eles é a consigna, e o todismo o comportamento. Ou toda España se alegra ou "a por ellos". Se hai quen non se alegra non só é mal español, senón que tamén é "gilipollas", como lles chamaban a Urkullu e Puigcercos na Cope, ou simplemente lles desexan "que les den por Urkullu". Na SER, cando marcou Villa, o locutor berrou que o xogador asturiano tiña "unos huevos como mi cabeza”, mentres antes dos partidos os coristas púñanse de pé no estudio para tararear o himno que non ten letra por moito que a cante Luis Aragonés.Yo soy español y estoy orgulloso”, "el que escuche este himno y no sienta nada, no tiene sangre en las venase outras soflamas eran deitadas como aceite fervendo nas orellas dos ouvintes desas emisoras que, haino que lembrar, se declaran a cotío non nacionalistas.Os nacionalistas son outra cousa. Son intolerantes e incultos. En Madrid, non embargantes, estes respiran tolerancia. Chega esta victoria cando o español, agora coñecido como "idioma común", pasa os seus últimos días neste mundo porque, como todos saben, a Xunta, a Generalitat e o Goberno vasco desenvolven unha efectiva tarefa de exterminio e aniquilación idiomática.Só un manifesto asinado por ducias de milleiros de persoas combate esa política na que borrar do mapa ao castelán é a consigna. É unha mágoa que unha lingua que deu tan grandes escritores e encheu páxinas tan gloriosas da historia (sen unha pinga de nacionalismo, iso si) vaia desaparecer. Pero é o que teñen as autonomías e os nacionalistas, xunto con algún socialista despistado, que queren acabar con todo. Mentres, os pobres galeguiños seguen ao seu, chorimicando porque unha gran marca de roupa como Springfield chama ao galego "dialecto del castellano" nunha postal de felicitación a un dos seus clientes redactada en portugués. Os galegos seguen a facer vitimismo porque unha traballadora de Navantia, na sempre plural e acolledora capital de España, escribe a un traballador de Ferrol que non sabe se o escrito que este lle enviou llo redactou o seu fillo de dous anos "o es algún dialecto que hablan ustedes en la aldea". Pero así son as cousas. Esta crise económica vai facer certo iso de que outro mundo é posible. Pero nin esta nin ningunha crise logrará mudar a España, non. Porque é así. Outra España non é posible. http://www.vieiros.com/opinions/opinion/48...spana-imposible |
| |
![]() |
|
| Borxo | Jul 10 2008, 11:33 AM Post #429 |
|
DIAÑO VERDE
|
Este post podría llamarse "mítines políticos" |
![]() ![]() ![]() YO NO ABANDONARÉ AL RACING EN 3ª | |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 10 2008, 03:59 PM Post #430 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Este post poderia chamarlle como me saia do nabo. Este é un lugar pra debatir de cousas sobre a estatal xa que moitos vos incomodavades, asi que se tes algo que decir ao respecto se queres o dis, e senon pois non digas pois lle poño o titulo que me de a gana (mentras non me corrixan) asi que este é un lugar pra falar diso e non vos emporquen o voso, ainda que se prefires voltamos ao pasado. E conste que fun eu o que favoreceu iso, asi que se eu non jodo, non sei quen te cres ti pra vir a joder desa forma descarada co puto titulo do post |
| |
![]() |
|
| Borxo | Jul 10 2008, 04:17 PM Post #431 |
|
DIAÑO VERDE
|
Baja un par de marchas, que yo no me metí con nadie. P.D. Ya que tanto me acusas de usar el plural, predica con el ejemplo, que llevo un tiempo off del foro y no fuí yo el que te dijo nada en el post de la selección. |
![]() ![]() ![]() YO NO ABANDONARÉ AL RACING EN 3ª | |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 10 2008, 04:26 PM Post #432 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
xa o sei, igual que tampouco fun eu o que empezou a dar a brasa, o caso é que alguns protestaron e con razon e decidimos mudar aqui a conversacion que tiñamos daquela. por eso me pareceu mal que me dixeras o de mudar o nome cando o post foi "cedido" pra non seguir molestando |
| |
![]() |
|
| Borxo | Jul 10 2008, 11:05 PM Post #433 |
|
DIAÑO VERDE
|
Persoalmente vería máis coherente usar un post específico para o asunto, non obstante, se queres mudalo aquí a min dame igual. |
![]() ![]() ![]() YO NO ABANDONARÉ AL RACING EN 3ª | |
![]() |
|
| ovella negra | Jul 11 2008, 07:29 AM Post #434 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
tamen o pensei pero naquel momento foi millor asi, que abro un que poña "post pra rajar das bonecas flamencas e os toros encima das teles"?? eu que sei se se abre un post asi igual se monta mais, vaite ti a saber |
| |
![]() |
|
| Borxo | Jul 11 2008, 03:11 PM Post #435 |
|
DIAÑO VERDE
|
Entendo. |
![]() ![]() ![]() YO NO ABANDONARÉ AL RACING EN 3ª | |
![]() |
|
| milimetros | Jul 11 2008, 03:32 PM Post #436 |
|
Mito Racinguista
|
Este foro ya no es lo que era coño, hasta vosotros dos os lleváis bien
|
![]() |
|
| ovella negra | Jul 11 2008, 04:53 PM Post #437 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Eu cando queirades volto ao meu papel, pero logo a xente non entende estas cousas e se debe pensar que nos tiramos pedras por ahi. |
| |
![]() |
|
| milimetros | Jul 11 2008, 05:36 PM Post #438 |
|
Mito Racinguista
|
Por lo menos reconoces que es un papel, algo es algo
|
![]() |
|
| ovella negra | Jul 14 2008, 06:15 PM Post #439 |
|
No Olimpo do Inferniño
|
Basta de eufemismos, deixemos de decir "mesetarios" cando o que queremos decir é "españois" Pois mirade como trata a prensa española as diferentes noticias, nas que por exemplo un narco da ria de Arousa, sempre será un narco galego e nunca un narco español, pola contra un deportista triunfador sempre será español e non galego. perdedores imos sacar mais medalla ca vos en china!!! --------------------------------------------------------------------------------------------------- Javier Gómez Noya, el 'ironman' español (claro que no congreso tivo que defendelo Paco Rodriguez e non Lisavetsky ou como se escriba) http://www.marca.com/edicion/marca/otros_d...lo/1145772.html Narco Gallego http://www.elpais.com/articulo/madrid/MADR...52526ov%25253D0 http://www.elmundo.es/2000/10/31/sociedad/31N0002.html http://www.feedsfarm.com/article/cf3e7e1b4...51bb2f3ea6.html El español Pereiro http://www.elperiodicodearagon.com/noticia...asp?pkid=262593 investigadores españoles http://www.panoramaacuicola.com/noticia.php?art_clave=363 el heroe español http://www.abc.es/hemeroteca/historico-29-...3349823968.html agora bla bla bla bla pero os feitos son os feitos. |
| |
![]() |
|
| Borxo | Jul 14 2008, 09:14 PM Post #440 |
|
DIAÑO VERDE
|
Por esta vez (y sin que sirva de precedente :P) en esto estoy 200% de acuerdo contigo. A mí, a veces, ver las noticias me pone enfermísimo. |
![]() ![]() ![]() YO NO ABANDONARÉ AL RACING EN 3ª | |
![]() |
|
| 1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous) | |
| Go to Next Page | |
| « Previous Topic · Charazay Basket Manager · Next Topic » |










9:14 AM Jul 11