Welcome Guest [Log In] [Register]
Benvido ao O Foro do Racinguismo.

Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro.

Únete!

Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!!

Username:   Password:
Comeza o cásting para a «Operación triunfo» galega
Topic Started: Dec 6 2006, 12:38 PM (474 Views)
Oli
Member Avatar
110% Ferrolano
A Noticia

Quote:
 
Comeza o cásting para a «Operación triunfo» galega

Reportaxe | Aspirantes a «Son de estrelas»

Onte arrancaron as probas de selección do concurso musical que a TVG prepara para principios do 2007, no que cada un dos 54 participantes representará a unha comarca de Galicia

(Firma: María Rial | Lugar: redacción)

Onte arrancaron na Coruña as probas de selección dos aspirantes ao concurso musical producido por Voz Audiovisual Son de estrelas. «Quero deixar de cantar na ducha e comezar a facelo en sitios máis públicos», confesaba ante as cámaras Tito, da Coruña, cando se enfrontou á pequena entrevista, una vez superada a proba da canción.

Máis de 40 aspirantes acudiron ao longo do día ás instalacións de Voz Audiovisual coa ilusión de superar as probas e converterse en representantes da súa comarca, neste concurso que a TVG emitirá a principios do 2007 na noite dos sábados.

«Non sei por que pero no meu pobo todos cantamos. Non coñezo a ninguén que non tararee», explicaba Daniel, de Neda, quen confesaba que a el o que lle gusta é «sobre todo o espectáculo».

Nos corredores da produtora predominaba a xente nova, pero déronse cita todo tipo de artistas. Sorprendeu a capacidade dalgúns para versionar en galego temas moi coñecidos noutros idiomas. No programa non só se valora o talento musical, senón tamén as dotes comunicativas, o temperamento e os sacrificios realizados para acadar o soño de ser cantante. Por iso onte, algúns dos participantes xa se coñecían doutras experiencias pre televisivas, como os cásting de OT. «Vin aquí a dalo todo. Teño dentro de min un cacho de Bisbal e cando sae...», argumentaba David, de Fisterra, cando lle preguntaban por que tiñan que escollelo a el e non aos outros candidatos.

A próxima oportunidade para converterse en concursante de Son de estrelas é o próximo luns, no Gran Hotel, de Lugo, a partir das 10.30 horas.
Posted ImagePosted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
wu-ming
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
se anda o grupo voz por detras tera exito pois cansaranse de anuncialo no xornal (como todas as suas series: a vida por diante, as leis, etc etc)
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir»

A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado)
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Zerban
Member Avatar
Presidente
Cada participante representara a sua comarca, a ver a que poñen en ferrolterra?
Creimos......y lo conseguimos!!!!!!
Posted ImagePosted Image
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Galerno
No Avatar
Accionista
A Pastor, o da Posada!! :P
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
pazolosky
Member Avatar
Presidente
Zerban
Dec 6 2006, 04:45 PM
Cada participante representara a sua comarca, a ver a que poñen en ferrolterra?

A lendoiro, que por aqui gusta mucho y lo quieren bastante :lol:
Posted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous)
ZetaBoards - Free Forum Hosting
Free Forums with no limits on posts or members.
« Previous Topic · Tema Libre · Next Topic »

OLIVEIRA DISEÑO © 2011.

tiempo en españa en Ferrol

Free counter and web stats