| Benvido ao O Foro do Racinguismo. Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro. Únete! Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!! |
| Os Gordos e Fracos; Por Guillermo Llorca | |
|---|---|
| Tweet Topic Started: Jan 22 2007, 10:45 AM (1,821 Views) | |
| Igoa | Jan 22 2007, 10:45 AM Post #1 |
|
IGOAGOYENA
|
TEMPO DE OCIO: OS PARTIDOS DE “GORDOS E FRACOS” Diario de Ferrol • 21 de enero de 2007 NORDESÍA 5 FERROL: MEMORIA DA VIDA COTIÁ Texto Guillermo Llorca Freire Historiador e escritor “A cita nace en 1960 pola proposta de dúas pandillas de amigos de San Xoán de Filgueira e do Inferniño” Dentro das actividades festivas vencelladas ó Tempo de ocio, merecen tamén salientarse uns encontros de fútbol moi singulares, os protagonizados polos Gordos e Fracos. A súa historia comeza no ano 1960 cando nacía a Peña Procaridad Gordos y Flacos por mor da proposta de realizar un partido amigable entre dúas pandillas de amigos dos barrios de San Xoán de Filgueira e do Inferniño. Á hora de escoller o campo para o encontro deportivo non chegaron a un acordo, pois os primeiros querían o de San Xoán e os segundos o estadio Manuel Rivera, situado no Inferniño e hoxe desaparecido. Tiveron que sometelo a votación e un empate deixou o problema sen resolver, polo que os do Inferniño decidiron celebrar unha contenda amistosa entre eles, pero entre os Gordos e os Flacos. Os ingresos da recadación serían destinados ó Asilo de Ancianos, actual residencia Mi Casa. De aí o carácter benéfico desta entidade, sen ánimo de lucro, que durante vinte e cinco anos organizou este evento deportivo, con grande acollida de público e que será distinguida coa Primeira Medalla da Beneficencia, por acordo do Concello en sesión plenaria do 27 de novembro de 1979. O diploma acreditativo foi entregado polo alcalde Jaime Quintanilla ó presidente da Peña, Emilio Uría, no vello campo de fútbol do Racing de Ferrol. O éxito desta curiosa iniciativa radicou no seu carácter altruísta, na colaboración de moitas persoas, do Concello e empresas comerciais, e na orixinalidade que presentaba, ano tras ano, cada evento deportivo. Así, os contendentes de ambos equipos luciron durante os primeiros anos as camisetas cedidas polo Racing e o Arsenal, pero cos números na parte dianteira. Logo veu un vestiario máis orixinal, os Gordos con cachos de bandeiras e os Flacos con fundas vellas do antigos colchóns de la; noutras ocasións lucían o traxe branco da Mariña dos EE.UU. e o uniforme das mulleres do servizo doméstico, con cofia e mandil; logo viñeron outros como de paiasos e nenos de chupete ata o traxe de noivos para celebrar tantos anos de rivalidade. Co equipo arbitral sucedía outro tanto do mesmo: igual saían ó céspede disfrazados de conserxes e colexiais que de belas damiselas, tetudas e con perruca loira, de exploradores ingleses con cazabolboretas ou de mosqueteiros. Non faltaba tampouco o equipo sanitario, igualmente camuflado para a ocasión, e o saque de honra, algunha vez efectuado polo mozo máis vello do Asilo de Ancianos ou pola madriña da Peña. Por suposto, que o gañador recibía un trofeo, o do primeiro encontro, unha grande copa de madeira, que fora confeccionada e regalada pola carpintería Gabela e en anos sucesivos polo propietario do café Gran Vía, onde se celebraba despois de cada partido un xantar de fraternidade, preparado e cociñado polos propios organizadores, pois nos primeiros tempos cada peñista aportaba 10 pesetas mensuais para a comellada, xa que non se collía nin un peso do recadado para a beneficencia pública. De feito, durante oito anos o destino dos cartos recadados foi para o Asilo, trece para o Hospicio, dous para a institución María Mediadora, que acollía a rapazas, un para a Beneficencia municipal e o da edición número vinte e cinco para a Cociña Económica. O acompañamento musical era outro dos atractivos deste pasatempo colectivo: La Orquesta Local de Fene, Las Majorets de Perlío, o conxunto de Terra Meiga, ou as Bandas de Granaderos, Boys Scouts e da Jorge Juan OJE amenizaban o evento. Para coñecer algo máis desta celebración festiva conversei cun dos membros da Peña, que durante anos participou activamente na súa organización. Velaí a testemuña anónima das súas lembranzas: “Durante los primeros años jugué con el número 5 de central con los Flacos, pero después ya me incorporé, por razones evidentes, a los Gordos. En el primer año recaudamos unas 1.500 pesetas con las que compramos ropa, sábanas y hasta dictáfonos para el Asilo de Ancianos. Otro año destinamos los cuartos a comprar zapatos y un traje diferente para cada niño acogido en el Hospicio Municipal, que después fue Colegio de Santa Teresa, pues en aquel tiempo todos vestían igual, por lo que era fácil identificarlos y nosotros quisimos eliminar esa diferencia. La tela para nuestros disfraces la regalaba los Almacenes de Rafael y Vicente o nos la dejaba a bajo precio porque dos de sus empleados, los hermanos Tino y Manolo, trabajaban en la casa y era uno de los promotores más entusiastas de nuestra Peña. También el cortador de la tienda y las señoras del cuarto de costura del colegio Municipal Santa Teresa colaboraban, cortando y cosiendo, en la confección de esas ropas tan llamativas que usábamos como uniforme deportivo. El agua milagrosa del botiquín que llevaba el equipo sanitario era en realidad vino que siempre regalaba los almacenes de Vinohogar, igual que la Coca- Cola y las gaseosas de Los 15 Hermanos. Los partidos se celebraban el Primero de Mayo, una porque éramos todos trabajadores y esa día era festivo, además en esa fecha no jugaba el Racing. Para no estropear el campo jugábamos en tenis. Después con la llegada de la Democracia, trasladamos el partido al domingo siguiente del Primero de Mayo para no competir con los actos que organizaban las centrales sindicales. Los medios de comunicación recogían el acontecimiento y los asientos de tribuna del estadio Manuel Rivera siempre se llenaban, sobre todo con los padres y sus hijos que iban a divertirse con el espectáculo. Nunca se cobró por la entrada y la gente dejaba su donativo: algún billete, calderilla, pitillos y caramelos. En el año 1982 la recaudación ya había ascendido a 200.000 pesetas”. |
![]() |
|
| Igoa | Jan 22 2007, 10:46 AM Post #2 |
|
IGOAGOYENA
|
Qué tiempos, :rolleyes: . |
![]() |
|
| manolo sur | Jan 22 2007, 11:20 AM Post #3 |
|
Mito Racinguista
|
Si, que tiempos, yo lo recuerdo desde pequeñito, como molaba, darle el regalo a las madres cuando coíncidia en domingo era el día de la madre y a continuación todos al Manuel Rivera a pasar un rato super agradable. No sería mala idea volver a organizarlo para que los más pequeños sigan disfrutando y serviría para que se engtanchasen con el fúltbol, porque yo me lo pasaba pipa. |
![]() ![]() ![]() ![]() siempre fiel a unos colores foro no oficial | |
![]() |
|
| pazolito | Jan 30 2007, 08:18 PM Post #4 |
|
Adestrador
|
Vaya tiempos, mi padre era uno de los jugadores, es mas era de los organizadores..se pasa noches en la Funeraria que habia justo alado del manuel rivera organizando el partido..Vaya tiempos aquellos |
|
Nuestro lema sera siempre el mismo "A LUCHAR, A LUCHAR Y A VENCER!!!!!!!!!" QUEREMOS QUE VUELVA EL DIABLILLO!!!!!!!!!! | |
![]() |
|
| MIRANDILLA | Mar 3 2011, 10:26 PM Post #5 |
![]()
Director Xeral
|
la funeraria de Cholo, ¿quien es tu padre Pazolito? es que hay estaban mi abuelo mi viejo y mas tarde ya mis dos cuñados, en los flacos mi padre que rea el portero de los flacos, mi cuñado de linier, y mi otro cuñado igual, y mi abuelo en las puertas con las recaudaciones |
![]() |
|
| CaNiDoiNTeRViu | Mar 4 2011, 11:45 PM Post #6 |
No Olimpo do Inferniño
|
Curioso, 4 años despues jajaj |
|
VOLVEREMOS | |
![]() |
|
| pazolito | Mar 5 2011, 09:38 PM Post #7 |
|
Adestrador
|
Freire, jugaba con los gordos...y se tiene pasado horas en cholo |
|
Nuestro lema sera siempre el mismo "A LUCHAR, A LUCHAR Y A VENCER!!!!!!!!!" QUEREMOS QUE VUELVA EL DIABLILLO!!!!!!!!!! | |
![]() |
|
| 1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous) | |
| « Previous Topic · Deporte Galego e Local · Next Topic » |












9:41 AM Jul 11