Welcome Guest [Log In] [Register]
Benvido ao O Foro do Racinguismo.

Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro.

Únete!

Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!!

Username:   Password:
Presentación dos planteis
Topic Started: Aug 27 2007, 10:46 PM (621 Views)
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Abro este post para que cada un escribamos sobre os nosos planteis para coñecernos mellor entre os equipos do foro. Alguns coma Alex xa o fixo, asi que so ten que copialo se quere, pero creo que ninguen mais o escribiu.

Sobre Canido UAM:

Bases:
-Neil Davies: A maxia do equipo, quizais o xogador mais completo do plantel que aos seus 32 anos segue a facer maravillas. Dende o seu 1,68 é o noso mellor director de xogo, polo cal é o maximo asistente do equipo. Destaca ademais a sua aportacion ofensiva en forma duns 16 puntos por partido, sendo ademais o mellor defensor trala marcha de Pacaitis, cun promedio de preto de 6 robos por partido. Capaz de meter en dous cuartos 35 puntos.
-Bertotto: Se o ano pasado partia como tercer base, case sen oportunidades, a baixa de Ciorciari permitiulle demostrar que ten moito baloncesto nas suas mans. Esta equilibrado en velocidade e dribling, sendo a sua mellor aportacion as asistencias, sen embargo, grazas a ese equilibrio e capaz de anotar mais de 10 puntos por partido, pasando dos 20 en varios deles.

Escoltas:
-Ladislav Odruska: A perla do equipo, o xogador mais tecnico do equipo que cada vez esta a mellorar mais en velocidade, o que fai de el un escolta que ainda que baixo resulta imparable para os rivais. O seu promedio de puntos ronda os 20, chegando a facer partidos con 8/8 en T3. A pesar dos seus 20 anos e internacional e unha das estrelas da seleccion, ainda que por falta de experiencia non xogue moito. Comezou a temporada con 40.000 de SI e a dia de hoxe esta en mais de 49.000. Dara moito que falar.
-Alejandro Navarrete: Se Odruska e o ataque, Navarrete e o mellor defensor do equipo e probablemente do grupo. Ex Erasmus que aceptou baixar unhas cantas categorias para axudar un proxecto que comezaba a andar. Hoxe por hoxe é un pilar basico do equipo que pese aos seus 1,88 xoga de aleiro, xa que libera de moito peso a Odruska e anula por completo ao xogador rival que marque. Todo isto unido a que nestas categorias os aleiros non son determinantes polas suas cualidades fan del un muro infranqueabel.

Aleiros:
-Philip Jeffery: O mais veteran do equipo e tamen o mellor tirador. Non é titular, mais a sua entrada na cancha permite que Odruska e Navarrete non acumulen moito cansanzo.
-Kuldar Trummi: A outra xoia do equipo. Teno todo: rebote, defensa, footwork, velocidade, dribling e tiro. De aleiro aporta moito rebote, de ala-pivot moitos puntos. Chegara moi lonxe porque a sua progresion e asombrosa.

Pivots:
-Gabriel Ballerini: Pola sua altura pode xogar tanto de pivot coma de ala-pivot, e polas suas caracteristicas asegura uns 12 rebotes por partido e outros tantos puntos. Complementase a perfeccion con Lastra.
-Bart Agterberg: A nova estrela do equipo. Del esperase todo o que teña que ver con atacar ademais de rebotes defensivos. Polas suas caracteristicas vai ser o mellor ala-pivot do grupo e seguramente imparable. Temos postas nel moitas ilusions, e a inversion que se fixo nel seguro paga a pena. Seguramente faga que tamen suba a aportacion anotadora dos pivots cos que xogue, pois ten un bo pase.
-Jose Lastra: Imparable. Dende os seus 2,19 faise autentico dominador do poste baixo. Maximo asistente da temporada pasada, maximo reboteador e MVP do grupo. Se cando chegou ao equipo dominaba o rebote, agora a sua capacidade anotadora e maior grazas a unha gran mellora no xogo de pes, o que ademais lle permite capturar mais rebotes ofensivos. Voltara a ser clave esta temporada.


Teño 4 xogadores mais, pero son tan malos que non paga a pena falar deles :lol:

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Oli
Member Avatar
110% Ferrolano
eu tamen o fixen:


Bases-Escoltas

Pío Montes
23 anos, 1.70 metros. Este base aporta seguridade defensiva asi como puntos. Chegou ao equipo a fianis da tempada pasada e xa estara adaptado.

Alvaro Folgueras
18 anos, 1.83 metros. Base ferrolan, especialista en defensa. A explosion de Jordi Vazquez restaralle minutos.

Teodor Sysak
21 anos, 1.89 metros. Como os anteriores, tratase dun xogador completo con boas skills en varias especialidades. Aporta roubos e puntos á contra.

Jordi Vázquez
18 anos, 1.93 metros. O que menos skill de guard ten, pero o complementa cun bo porcentaxe en tiros, o que fai que o ano apsado fora un dos maximos anotadores do grupo. Será un dos pialres para acadar o ascenso. Chegou a ser internacional por España.

Aleiros

Celestino Barbosa
23 anos, 2.00 metros. Aporta minutos de refresco para os aleiros titulares, e ademáis pode anotar con facilidade. Xogador que todo adestrador gusta de ter.

Enrique Campos
18 anos, 2.08 metros. Outro valor da canteira ferrolan. Aleiro titular destaca en labouras reboteadores, sen deixar a un lado a anotación. Outro dos pilares do equipo.

Eugenio Fracassi
19 anos, 2.05 metros. Unha das dúas fichaxes desta pretempada. Chega para coller algún minuto e ir mellorando no equipo. Petición do adestrador que o viu en varios partidos co seu anterior equipo.

Pau González Solares
19 anos, 2.11 metros. Este debe ser o seu ano. O arxentino, que leva xa cinco tempadas no clube ten que adaptarse as novas normas do xogo, que o favorecen. Se progresa co seu adestramento esta chamado a ser un xogador clave na tempada.

Pivot

Yarden Amsalem
20 anos, 2.14 metros. Comezará a sua quinta tempada no clube. É o pivot titular, aporta un bo numero de rebotes en ataque e puntos en segunda opción. Ainda pode progresar.

Luiz Carlos Linhares
22 anos, 2.19 metros. O brasileiro chegou a finais da tempada pasada e xa xogou varios partidos, destacando no rebote. Este ano seguira progresando no clube e adaptandose a forma de xogar do noso equipo.

Raafael Kokkonen
15 anos, 2.07 metros. O finés chega para progresar e seguir a estela doutros xogadores que chegaron de novos ao clube, como Gonzalez Soares. E a aposta do clube para o futuro, e teremos que adestralo ben.
Posted ImagePosted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
empregas a un tio de 2,08 e outro de 2,11 coma aleiros? e que tal resultado dan?

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Oli
Member Avatar
110% Ferrolano
Pau xoga de 4, e a verdade es que me esta a dar bos resultados esta tempada, tamen hai que ver que xoguei contra rivais de categoria inferior.

Campos anda sobre so 16-17 puntos de media e sobre o 8 rebotes, pero soe xogar de 3.
Posted ImagePosted Image
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
wu-ming
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Cando é o festival do mundo Freak?? :lol: :lol:
Estamos algo trallaos :lol: :lol: :lol:
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir»

A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado)
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
wu-ming
Aug 28 2007, 08:16 AM
Cando é o festival do mundo Freak?? :lol: :lol:
Estamos algo trallaos :lol: :lol: :lol:

foi falar o que ten seguidores radicais... :lol: :lol:

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
wu-ming
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
vicious
Aug 28 2007, 09:46 AM
wu-ming
Aug 28 2007, 08:16 AM
Cando é o festival do mundo Freak?? :lol:  :lol:
Estamos algo trallaos :lol:  :lol:  :lol:

foi falar o que ten seguidores radicais... :lol: :lol:

Por iso digo que tamen puxen as fotos do ascenso :lol:
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir»

A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado)
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Alexferrol
Unregistered

Bases e escoltas:
Manuel Abad
30 anos, 182, o veteran do plantel, este exterior ferrolan do barrio de canido, aportará minutos, puntos e experiencia a equipa. O seu rol vai ser de rotacion posto que a sua idade e xa dificil para complementar con moitos minutos. Un suplente de kilates.
Jordi Rubio
24 anos, 184.O amigo Jordi e capaz de tirarse as zaptillas se se pon, as suas condicions son decentes, pero o rendemento vai por encima do normal, maximo anotador da TMN a pasada epoca con mais de 25 puntos por xogo.Será clave na equipa, de el depende grande parte o rendemento ofensivo, así que se el xoga, todos xogamos,se el non ten odía...nubes negras na vila Erasmus
Dimitris Spiridakos "Spidi"
26 anos, 184.A fichaxe estrela, o Papaloukas de Erasmus aporta moitisima defensa e tamen ataque, e un seguro da selecion grega e será dos mellores xogadores da TMN a pesar de que os seus marcaxes serán esaxerads. 34 millons que serán moi amortizados,

Aleiros e Ala Pivots
Alfonso Freire
209, 26 anos. Xogador de rotacion, un home que dara rebotes e puntos, pero que falla na faceta defensiva, onde sera adestrado a conciencia, non tera moita responsabilidades ainda asi a confianza en el e elevada e o seu coste bastante curto
Liviu Tudor "El rumano"
194, 24 anos.Xogador que chega da 1ª portuguesa, e unha incognita posto que o seu posto sera de aleiro. E un xogador de clara vocacion ofensiva, ainda que deberá axudar e moito nos rebotes,tarefa que pensamos reolvera ben.
Juan Carlos Marquez
208, 26 anos. O outro crack da equipa, internacional español, xogador equilibrado, ataca e defende e colle rebotes, xogou a ACB a pasada epoca, esta chamado a ser un dos referentes do equipo e pensamos que vai ser a sorpresa da TMN

Pivots
Guillermo Suarez
26 anos, 210. Pivot que chega despois de pagar 20 millons, ven a fechar os rebotes e defensa, ainda que ten capacidade de sobra para ter unha certa responsabilidade anotadora. Vai ser un seguro.
Luis Bernardes
20 anos, 220. Xogador de refresco, alto e con gañas, o unico portugues que ira a loitar por minutos e evoluir mais e mais. Ten futuro, e non desentona na TMN
Quote Post Goto Top
 
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Tanto cansanzo acumulan os xogadores aos 30 anos?

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Alexferrol
Unregistered

Bastante complicado de recuperar...ademais, agora mesmo e o peor dos meus exteriores :)
Quote Post Goto Top
 
Keyser Söze
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
Alexferrol
Aug 29 2007, 11:23 AM
Bastante complicado de recuperar...ademais, agora mesmo e o peor dos meus exteriores :)

mandao de volta a canido :)

Posted Image
Posted Image


See you in another life brotha!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous)
« Previous Topic · Charazay Basket Manager · Next Topic »

OLIVEIRA DISEÑO © 2011.

tiempo en españa en Ferrol

Free counter and web stats