Welcome Guest [Log In] [Register]
Benvido ao O Foro do Racinguismo.

Estas vendo o foro como invitado. Rexistrate para poder disfrutar ao 100% do foro.

Únete!

Se xa eres un membro, accede a túa conta. VOLVEREMOS!!!!

Username:   Password:
Guadi abandona Berrogüetto; entra outro crak Xabi Diaz
Topic Started: Jan 11 2008, 09:27 AM (389 Views)
wu-ming
Member Avatar
No Olimpo do Inferniño
A cálida voz de Guadi Galego era xa un dos sinais de identidade do grupo Berrogüetto: a súa interpretación dalgúns dos temas máis coñecidos do grupo, como 'Xente' (10.0, o disco co que o grupo celebrou o seu décimo aniversario hai dous anos), 'Aquí canto' (Viaxe por urticaria), é lembrada por todos.

Hoxe en día, a vocalista e gaiteira de Cedeira, ademais da docenciano Conservatorio Folque de Lalín, ten unha chea de proxectos musicais abertos: integra, con UgiaPedreira e o pianista Abe Rábade, Nordestin@s, e xunto a Guillermo Díaz (tamén membro de Berrogüetto), o dúo Espido.

Con todo, a súa decisión de deixar o grupo non é tanto para centrarse neses outros proxectos como para cambiar de vida: "quero relaxar un pouco, e cando se quere cambiar de vida sempre se retira un do que, se cadra non maís tempo, pero si máis enerxías". Guadi afirma que "foi unha decisión moi meditada, que os meus compañeiros xa coñecían". Quere agora centrarse na súa vida, aínda que, como mestra, "sempre vou facer música".

"Berrogüetto é a miña xente"

A relación seguirá aberta: "Berrogüetto é a miña familia, foi a miña prioridade durante moito tempo, pero agora voume centrar máis no meu proxecto persoal, na miña vida". O contacto con Guillermo Fernández en Espido, ou a relación mesmo de consanguinidade co grupo (o acordeonista, Santiago Cribeiro, é seu irmán) mantéñena unida ao grupo. "É a miña xente, e aínda que non descarto nada, non teño pensado volver no futuro. Déixolle o sitio a outra persoa perfectamente capacitada. Sempre é bo que nas bandas haxa cambios".

Pola súa banda, Xabier Díaz xa lle puxera voz aos temas de Berrogüetto no disco Hepta (cunha intensa interpretación dos 'Cantos de monzo'). Ademais, a súa carreira en solitario deu froitos como Coplas para Icía, o seu último disco, ou Músicas de salitre, tamén con Guillermo Fernández.

http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=2738
«continuar caminando hacia Ítaca y alcanzar un horizonte que se aspira conseguir»

A mellor animacion nun estadio sempre...Licorka (no caso de dar chegado)
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
pazolesky
Member Avatar
Director Xeral
Grandísimo grupo, yo aún los ví este verano en las fiestas de Sada
<a href="http://imageshack.us"><img src="http://img374.imageshack.us/img374/4564/pazolodioski1.jpg" border="0" alt="Image Hosted by ImageShack.us"/></a><br/>
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
Vitara
Member Avatar
Mito Racinguista
Muy grandes Berrogüetto.
"VOLVEREMOS"
Posted ImageRACING
Posted Image
Forero Viajero'09
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
cheo
Member Avatar
Adestrador
Gran pérdida para berrogüetto la de Guadi Galego :( Me da mucha pena que lo deje. Era uno de los iconos del grupo, junto con Anxo Pintos (que mítica la historia de la piel de kiwi, jajajaja)
Posted Image
PUTA BANDERA DEL TORO, PUTOS GORROS DE TORERO Y PUTOS TRICORNIOS!!!
Pasen y vean señores, esto es Ferrol!
Offline Profile Quote Post Goto Top
 
1 user reading this topic (1 Guest and 0 Anonymous)
ZetaBoards - Free Forum Hosting
Join the millions that use us for their forum communities. Create your own forum today.
Learn More · Register Now
« Previous Topic · Tema Libre · Next Topic »

OLIVEIRA DISEÑO © 2011.

tiempo en españa en Ferrol

Free counter and web stats