Pois abro o post da tempada próxima (15, non?) para que opinemos sobre os cambios e que falemos do que aspiramos a facer.
- Quimica do equipo
-
Outra ferramenta que imos axustar é a química do equipo. Actualmente temos o problema de que vender a un xogador importante do teu equipo e comprar a outro é desastroso para a química.
Isto vai cambiar. Ata agora, o xogador era comparado co conxunto de tódolos xogadores do teu equipo. Isto quere dicir que os xogadores xóvenes que estaban na liga de desenvolvemento tamén se tiñan en conta, e debido a que hai unha clara diferenza no SI, o impacto era moito maior do que debería de ser.
Por iso imos cambiar a comparación e facela cos 8 xogadores con máis valoración (SI) do teu equipo. Normalmente na rotación dun equipo só se usan 8 xogadores, así que este cambio é máis realista e con maior funcionalidade.
O cambio tamén é funcional porque detectamos problemas no mercado de fichaxes. Non hai suficiente actividade e con este cambio cremos que o mercado de fichaxes será máis interesante xa que o teu equipo non terá tanta penalización se vende ou compra un xogador.
- Canteira
-
Era unha das poucas cousas que non foron modificadas dende o comezo do xogo , e finalmente imos modificala. Necesitabamos facelo dende facía tempo e agora cremos que é o momento adecuado.
Ata agora, os únicos canteiráns útiles eran os de 15 anos. Imos modificar isto un pouco.
Dende agora, os canteiráns de 16, 17 e 18 anos terán, dependendo da súa idade, algo de experiencia e poderán ter mellores habilidades que os canteiráns de 15 anos. Con todo, un de 15 anos seguirá sendo mellor se é adestrado axeitadamente cando teña 16 anos que un canteirán ascendido directamente con 16 anos.
Cremos que este cambio era necesario para proporcionar xogadores útiles para os novos equipos. Haberá unha maior variabilidade para elixir, e a experiencia será máis fácil de conseguir para un novo equipo.
Tamén será máis beneficioso ascender canteiráns, e a demanda de xogadores de 15 anos baixará algo, o que fará que sexan algo máis asequibles. Ademais, os canteiráns estarán mellor distribuídos no mercado e no teu propio equipo.
- Axuste de instalacións
-
Estes axustes non supoñerán moitos cambios, mellorarán claramente para os nosos novos usuarios e proporcionaranos unha estrutura para futuras características. Imos explicalo un pouco.
Ata agora, cremos que as características destas instalacións non era complicadas de entender. O problema era que tiñamos moitas instalacións que funcionaban de xeito diferente. Isto levaba a que os novos usuarios tiveran que aprender demasiadas cousas.
Debido a este "problema" o xogo era complicado de entender. O motivo non era tanto a dificultade das opcións, senón a variabilidade de funcionamento.
Por isto imos facer modificacións na estrutura do persoal médico, a liga de desenvolvemento (LD) e o centro de saúde. O centro de saúde de pretempada será eliminado. Isto é moi triste, por suposto, pero cremos que o centro de saúde durante a tempada é moito máis realista, e a razón pola que non se usaba demasiado é que era moi caro.
Desde a próxima tempada terás que contratar persoal para gozar destas instalacións.
O persoal médico pasarán a ser "doutores". Isto quere dicir que poderás contratar ata 3 médicos que farán o mesmo que fan agora os tres niveis de persoal médico. Sen embargo, este persoal non custará 50.000, 200.000 e 300.000, agora contratar un médico custará 100.000 cada un.
O centro de saúde de tempada pasará a chamarse "Adestradores persoais". Estes adestradores poden adestrar a todo o mundo e farán o mesmo que o centro de saúde de tempada. Tamén custará 100.000 por cada membro contratado. Cantos máis contrates, maior será o efecto. O efecto actual do centro de súde de tempada será o mesmo que contratar 2 adestradores persoais. Podes axustar o peso de cada xogador sen ningún tipo de penalización.
A LD pasará a chamarse "Adestradores de xóvenes". Aplicaranse as mesmas regras que para a LD actual. Só os xogadores ata 18 anos e con menos de 3 de experiencia poden adestrar e non disputarán encontros oficiais mentres adestren co equipo xoven. Funcionará igual que co resto de instalacións. Máximo 3 adestradores. Dous adestradores terán o mesmo efecto que a LD actual.
Na páxina de cada xogador, poderás decidir o peso que queres para él e se o queres enviar cos adestradores de xóvenes.
¡Ten en conta que na próxima pretempada poderás usar o centro de saúde de pretempada!
- Comparación de transferencias
-
Decidimos quitar esta opción por diferentes motivos, que describimos a continuación:
- Imprecisión
O CT era moi impreciso. Unha semana o teu canteirán valía 15 millóns e na seguinte 4, malia que mellorara un punto nunha habilidade. Explícalle iso ao teu estudante, se es titor. Intentamos axustar a fórmula un par de veces pero segue sen funcionar axeitadamente. É triste eliminar algo no que traballou moita xente, pero este tipo de decisións deben de tomarse con pragmatismo.
- As ofertas non funcionan
Gústanos o mercado de ofertas. Aínda que parece que non funciona moi ben, pero cremos que é polo CT. Ninguén acepta unha oferta por baixo do CT e ninguén poxa por encima do seu valor. Polo que o mercado de ofertas está obsoleto debido o CT.
- Desorienta aos novos usuarios
O CT introduciuse para axudar aos novos. Pero unha ferramenta que non é estable en valorar aos xogadores non pode axudar. É unha confusión para os novos, que aínda non deberían de tela en conta . Os usuarios veteranos beneficiábanse, que era xusto o que non queriamos.
- Tasación dos canteiráns
Cada comezo de tempada, os canteiráns seguían valorándose cos que saían a finais de tempada pasada, que xa eran un ano maiores. Isto quere dicir que o CT mostraba grandes diferenzas co seu valor real. Poderiamos solucionalo comparándoo cos datos da pasada tempada, pero isto non implicaba diferenzas, xa que os datos seguían baseados no mesmo erro.
- Influencias na economía do xogo
Debido a esta ferramenta, a economía do xogo baseábase nela. O que di o CT non debería de ser a verdade, pero a xente actuaba coma se fose unha guía. E cando era inexacto como ata agora, a economía vese influenciada por ela do mesmo xeito que os prezos. Cremos que esta ferramenta non debe de ter tanto "poder" xa que está nas vosas propias mans o valor dun xogador.
- Redución das comunidades
Antes do CT, discutíase moito a través das mensaxes e nos foros. Os novos preguntaban nos foros para taxar a un xogador, ou mediante mensaxe privada. É importante, para manter no xogo aos novos usuarios, involucralos na comunidade. Agora, co CT tiñan un instrumento que lles mostraba o valor dun xogador, así que non necesitaban ir aos foros para unha taxación. Cremos e desexamos que esta eliminación fará que os novos visiten os foros máis a miúdo.
- Erros no motor de xogo
-
Atopamos algúns erros no motor de xogo. Algúns deles poden ser moi daniños para o teu equipo e outros tan só son molestos.
Hai moito que facer para levalo a cabo nunha pretempada, así que por favor, ter en conta que só imos intentar solucionar algúns deles. Isto farase cada pretempada. Esperamos que en poucas pretempadas podamos optimizar o motor e cazar máis erros.
Os erros (bugs) que imos intentar solucionar son:
- Faltas dos bases
Por algunha razón, os bases fan moitas faltas, ata cando son bos defensores. Buscaremos o motivo e pronto traeremos unha solución.
- Último tiro
Por algún motivo, sempre hai un tiro dende o medio do campo ou simplemente, non se chega a tirar, incluso logo dun rebote. Isto é moi irreal e cambiará.
- Erro nas sustitucións
Algunhas veces, cando un xogador fai 5 faltas ou se lesiona, volve á cancha. Por suposto isto non debería de suceder e queremos resolvelo canto antes.
- Vitrina de trofeos
-
Finalmente, despois de anos de espera, introduciremos unha vitrina de trofeos. Atoparase na páxina do teu equipo e poderá conter o seguinte:
- Campión da liga (máxima división) - Campión de liga (divisións inferiores) - Trofeo da Copa Nacional - Gañador da Copa Internacional - Gañador da Liga de Campións - Gañador da Copa de Gañadores de Copa Nacional - Gañador do Torneo Hacheybe
O único problema é que non temos imaxes dos trofeos. ¡E aquí é onde te necesitamos! Faremos un concurso.
¡Polo que se podes deseñar e enviarnos imaxes destes 7 trofeos, elixiremos as mellores e premiaremos con 500 CBMoney! As imaxes deben ser 15x15.
|